potensi jackpot game aztec gems teknik jackpot power of thor game online mahjong ways 1 jam gacor game tengah malam game server jepang game sugar rush mahjong scatter hitam mahjong ways lucky neko jackpot pg soft game online gacor jackpot besar mahjong gates of olympus strategi mahjong gacor trik gacor modal receh depo qris terpercaya 5 strategi terbaru aplikasi mahjong ways fitur spin turbo pola spin pragmatic rahasia mahjong ways pola petir merah zeus rtp game mahjong tertinggi link gacor habanero situs game vip game77 gacor trik jackpot game koi gate game mega jackpot game tengkorak hitam wild bandito trik scatter hitam mahjong situs game gacor resmi dan terpercaya tips gacor untuk pemula trik jackpot kakek zeus akun thailand vip gacor jalan pintas mahjong wins pg soft rtp tinggi game gacor hari ini bocoran penting admin jarwo perkalian starlight christmas rtp paling jitu situs resmi terpercaya cheat jp mahjong ways 2 pola auto gacor game online game gacor crypto gold game deposit qris fitur cuan besar spin turbo trik gacor mahjong ways 3 game chaisen wins trik jackpot game mochimon game zeus maxwin game gacor server filipina sejarah terbentuknya game online agen bola online terpercaya cheat mahjong jp besar bocoran gacor admin riki mahjong ways 3 pola auto gacor deposit ovo gacor bonanza gold pola gacor kamboja server gacor scatter hitam mahjong ways provider game cuan game online extra juice algoritma game mahjong rtp game maxwin game big win mudah jp teknik cheat game online tanpa apk game gacor server thailand trik menang game modal receh game deposit dana gacor 2024 aztec gems gacor jackpot pyramid bonanza game online gopay slot88 mudah jackpot akun sweet bonanza power of thor megaways trik jitu mahjong panda pola wild bounty showdown trik gacor server vietnam maxwin kaisar mahjong ways akun gacor spesial vip kapten76 kapten76 asiaklub
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
Fuente (editada): EL SALTO | Alba López Álvarez | 17 MAY 2024
Este 2024, o Día das Letras Galegas homenaxea a Luísa Villalta, unha figura poliédrica da nosa literatura: poeta, narradora, dramaturga, ensaísta e tradutora, ademais de violinista. A autora representa unha das voces máis destacadas da literatura e do pensamento galego nas últimas décadas. Pero se hai algo que destaca dela e que atravesa toda a súa obra é o seu compromiso e activismo político.

Luísa estivo presente en diversos espazos e movementos do seu tempo. Entre outros tantos, formou parte da directiva da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, militou no Bloque Nacionalista Galego (BNG), coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro e formou parte activa da Mesa pola Normalización Lingüística. No eido da literatura, a súa pegada feminista quedou plasmada en obras como Papagaio (2005) ou nos seus artigos para A Nosa Terra, que postumamente serían escolmados e publicados no Libro das colunas (2006), nos que reflexiona sobre a educación, a guerra, a situación da lingua galega ou o feminismo.

A poesía como ferramenta política

Nun discurso que deu no ano 2002 pola celebración do Día da Galiza Mártir en Oleiros dixo que “a literatura sempre é unha actividade política”. Esta premisa serve como punto de partida para reflexionar sobre o estado da poesía galega no noso tempo e, máis concretamente, a poesía que se move fóra das marxes da normatividade e a oficialidade: a poesía queer e disidente.

Afra Torrado, Cinthia Ermitas (c.ermitas) e Lara Boubeta, tres escritoras galegas que se enmarcan dentro desta nova xeración de poetas, xúntanse para conversar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia dos referentes da comunidade e sobre a implicación que ten para a literatura e para a xente nova a celebración do Día das Letras Galegas.

Cinthia Ermitas: «A miña poesía vén dende a vivencia da non normatividade, e dende esa vivencia vaise tecendo e facendo contacto. Aí está a súa potencialidade”

Estas tres poetas atoparon na poesía unha ferramenta para poder falar da experiencia e existencia propia e conectar con outras similares. Tal e como o explica Boubeta: “Para min, escribir é darlles ás demais a oportunidade de compartir algo teu e facelo seu”. Ermitas, pola súa banda, expresa: “A poesía está moi vencellada con romper o silencio dende unha vivencia moi silenciada. Para min, a poesía foi un altofalante”.

A escrita de Cinthia Ermitas trata a interseccionalidade entre a violencia, o corpo e a identidade. Conta como en recitais ou eventos moitas persoas se achegan a dicirlle que a súa poesía ecoa con elas mesmas, “que por fin lle poñen palabras as cousas que viviron, viron ou experimentaron”. “Escribo porque é unha ferramenta que eu preciso para expresar, pero que tamén pode servir para compartir e crear comunidade”. A súa poesía, explica, “vén dende a vivencia da non normatividade, e dende esa vivencia vaise tecendo e facendo contacto. Aí está a potencialidade da poesía”.

“É preciso ter referentes. Grazas a eles, construímos a nosa identidade e nos recoñecemos na alteridade, pero o certo é que o acceso a referentes non é igual para todas as vivencias”

Onde están os referentes da poesía queer galega?

É preciso ter referentes. Grazas a eles, construímos a nosa identidade e nos recoñecemos na alteridade, pero o certo é que o acceso a referentes non é igual para todas as vivencias,  nin existen en todos os ámbitos. No que respecta á poesía e literatura, o primeiro contacto tende a ser no ámbito educativo, un espazo aínda moi nesgado. “Os referentes que tiven foron os que nos daban no instituto, a maioría en castelán e homes. Comecei a atopar outras mulleres referentes na literatura galega facendo un traballo de investigación propio”, conta Lara Boubeta.

A vivencia de Afra Torrado foi a mesma, pero recorda un profesor que tivo na ESO que lle ensinou outro tipo de referentes: “Falounos de Sés e a partir da súa música tamén chegou a poesía de Iolanda Zúñiga ou Lucía Aldao”. “Os referentes son importantes no momento no que chegan, Lucía Aldao chegou a min nun momento de autocoñecemento total”, engade. Torrado recorda que cando lía a súa poesía sentíase totalmente interpelada: “Podo entender polo que estou pasando, quen son”. Cinthia mira a Afra e dille que foi unha referente: “Porque a través de ti descubrín a Lucía Aldao, Andrea Nunes, Regina Touceda…”.

“Para min é como abrir os agasallos de Nadal”, di Lara Boubeta, e engade: “Eu tamén a raíz de coñecer a Andrea Nunes comecei a empaparme de todo este mundo: Silvia Penas, Samuel Merino, Diana Kurich… Un agasallo, outro agasallo: Foi un non parar”.

Existe unha comunidade de poetas queer en Galiza? Afra Torrado, Cinthia Ermita e Lara Boubeta responden a esta pregunta reflexionando sobre como perciben e habitan estes espazos

Tecer rede e comunidade

Queda claro que existen poetas disidentes no contexto literario galego, agora toca preguntarnos onde están? Existe unha comunidade de poetas queer en Galiza? Afra, Cinthia e Lara responden a esta pregunta reflexionando sobre como perciben e habitan estes espazos. “Eu moitas veces vexo ás artistas como illas. Non hai un evento, non hai unha xuntanza. Fixemos un Encontro de Artistas en Moaña o ano pasado e comentouse a necesidade de facer estes encontros, de coñecermos, de compartir, de pasar tempo xuntas para tecer redes”, conta Lara. Cinthia cre que xoga moito en contra a normatividade da propia Academia á hora de xerar comunidade: “Non pasamos os cortes, non interesa”. Continúa dicindo que “desmotiva moitísimo“: ”Déixanos nunha situación de precariedade laboral e vital. Ás veces temos ese veo da norma, dos estilos, do que se supón que se ten que facer”.

A quen representa o Día das Letras?

O Día das Letras Galegas celébrase dende o ano 1963. Este ano Luísa é a sexta muller á que se lle adica o día. Antes dela foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021). Entre unhas e outras, chegaron a pasar máis dunha vintena de anos adicados exclusivamente a escritores homes.

“É un día que debería ser precioso para a cultura galega, pero non deixa de pecar de certo elitismo, cun nesgo moi claro cara a figuras masculinas”, comenta Cinthia, quen explica que isto faille desconectar desta celebración. “Hai un problema da xente nova coa cultura e coa creación. Entre a precariedade, os referentes que sempre son os mesmos. Como vas a conectar? Como vas a interpelar? É algo a revisar e comezar a buscar outras formas de crear e de facer as cousas diferente”, denuncia. “Hai que darlle unha volta, xa está desfasado”, di Lara. “Estamos bastante fartas de que todo sexan señores cishetero brancos”, conclúe Afra.

“As Letras teñen que ir acompañadas de referentes, como no caso de Luísa e do seu feminismo. Agora toca ir  máis alá e engadir a unha persoa do colectivo que loitara polos nosos dereitos”, di Lara Boubeta.

Cal sería o ideal arredor do Día das Letras Galegas?

Ante esta pregunta, son varios os puntos que se plantexan. Por un lado, a falta de representación non só das mulleres, senón tamén das disidencias. “As Letras teñen que ir acompañadas de referentes e neste caso de activismo, como no caso de Luísa e do seu feminismo. Agora toca ir un pouco máis alá e engadir a unha persoa do colectivo que loitara polos nosos dereitos”, di Lara.

Neste xogo a supoñer e plantexar ideais, ponse tamén sobre a mesa a posibilidade de adicarlle o día a persoas vivas. “Parece que todos os escritores están mortos”, di Afra de forma irónica. “Penso que culturalmente tendemos moito ao derrotismo. Se só se celebra unha cultura dos mortos a xente viva queda apartada. Non digo abandonalo por completo, pero si igual mesturalo”, propón Cinthia.

Existen experiencias e celebracións que apostan por este novo paradigma con respecto á literatura e poesía galega. É o caso do Día das Galegas nas Letras, unha proposta impulsada pola Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega e que leva celebrándose dende o ano 2014. Unha das características é que poden ser homenaxeadas escritoras vivas. “O do Día das Galegas nas Letras é marabilloso, porque chaman a esa persoa para darlle a noticia”, explica Lara.

Afra, Cinthia e Lara concordan neste afastamento, desconexión e falta de representación no Día das Letras, pero proxectan un futuro no que si haxa proximidade e representación. Ademais, destacan o traballo que académicas como Ana Romaní, Margarita Ledo ou Marilar Aleixandre, entre outras, están a facer dentro da propia Academia.

Neste sentido, Cinthia fala dunha débeda histórica a solventar por parte da Academia: “Creo que é importante non soamente que dentro de moitos anos haxa figuras que nos ecoen e nos representen, senón que tamén é importante recoñecer que sempre houbo persoas fóra da normatividade masculina. Hai que facer un traballo de recuperación. Por moito que sigamos propoñendo novos paradigmas, hai unha débeda histórica que é necesario poñer no centro”.